Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

miércoles, 6 de agosto de 2014

Actualidade do fútbol "costeiro"



REUNIÓN DA FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL COS CLUBES DA “COSTA”, PARA FIXAR DEFINITIVAMENTE A COMPOSICIÓN DOS GRUPOS E AS DATAS DE COMEZO E TÉRMINO DAS COMPETICIÓNS PARA A TEMPADA 2014 / 15.

        Presidida polos Sres. Benjamín Amido e José Gerpe, membros federativos, tivo lugar esta tarde-noite en Baio, a reunión habitual cos representantes dos clubes “costeiros”, para definir os Grupos de Competición das distintas categorías nas que participan, así como as datas de comezo e finalización das mesmas.
            Igualmente serviu para que os distintos representantes, presentaran ao Sr. Amido, as variacións horarias ou de coincidencia nos campos (aqueles que teñen que compartilos) con outros equipos.

            Finalmente, tamén houbo un pequeno sorteo, para dilucidar que equipos xuvenís, deberían formar no Grupo II (Sur), para que os dous Grupos quedaran constituídos polo mesmo número de clubes (10), posto que, había discrepancias entre SD Castriz, Muxía CF e SP Zas, finalmente foron os dous primeiros os que competirán no Grupo II, previo sorteo dunha man inocente, tal como figura na foto que se reseña.

            Cabe destacar que, dos 35 clubes participantes, faltaron a cita nove: UD Carnota, SD San Lourenzo, SD Fisterra, UD Montelouro, Camariñas FC, SD Ameixenda, SCRD Esteirana, CF Dumbría, E.D. Os Miúdos.

A continuación detállanse as composicións definitivas dos Grupos de, 1ª Aut., 2ª Aut., 3ª Aut. e 1ª Aut. xuvenil (Grupos 2º e 3º), coas datas de comezo e final:  


Neste Grupo da 1ª Aut., houbo dúas peticións. Foron protagonizadas polo CD Baio e pola SCD Malpica, ambas para comezar a liga competindo en campo propio.
 Na 2ª Aut. as solicitudes foron as do Cabana SD e SD Camelle, para disputar os seus e partidos os sábados, o primeiro ás 18:00 horas e o segundo en horario oficial.
Buño SD e Outes CF, solicitaron xogar os seus partidos como locais, en horario fixo das 17:00 horas, todos os domingos da tempada.

Na 3ª Aut. a SD Laxe, e o CF Castrelo, disputarán os partidos como locais os sábados en horario oficial, mentres que, a UD Cerqueda, os Domingos
 as 17:00 horas, non coincidindo co Buño


Nos partidos de xuvenís, só o Cabana SD, solicitou disputar os seus partidos como local o sábado ás 16:00 horas, durante toda a liga.
Polo demais pola FGF. autorízase a todos equipos xuvenís que, sen solicitar autorización ao equipo contrario, poden trasladar os seus partidos como local para os domingos pola mañá. 






Momento do sorteo na que unha man inocente, traslada á SD Castriz e ao Muxía CF, para o Grupo 2º, deixando ao SP. Zas no 3º,

Panorámica do salón de actos, de Baio, durante a reunión .-
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!